F.A.Q.

PREGUNTAS FRECUENTES

Como me podo rexistrar?
Crear unha conta en www.lafragatina.com é moi sinxelo e permitirache facer pedidos a través da nosa tenda online. Para iso, vai a INICIAR SESIÓN e a continuación cobre o formulario de rexistro. Unha vez feito isto, recibirás un mail de confirmación.

Que fago se esquecín o meu nome de usuario?
Non te preocupes. Para acceder á túa conta podes usar tamén o teu enderezo de correo electrónico.

Que fago se esquecín o meu contrasinal?
Se non recordas o teu contrasinal, vai a INICIAR SESIÓN e fai clic no enlace "Esqueciches o teu contrasinal?". Recibirás un mail no enderezo de correo que nos facilitaches e poderás restablecer o teu contrasinal.

Podo cambiar os datos da miña conta?
Podes. Despois de iniciares sesión, fai clic en CONTA. Alí poderás cambiar o teu enderezo de correo electrónico, o teu contrasinal, os enderezos de envío e facturación ou incluso engadir novos enderezos ademais dos que xa rexistraras.

Cales son os termos e condicións de La Fragatina?
Para coñecer os nosos termos e condicións convidámoste a consultar a nosa sección AVISO LEGAL, na parte inferior da páxina.

Como podo facer un pedido?
Para mercar produtos no noso sitio, simplemente fai clic na icona da cesta do produto que desexas e este engadirase á túa cesta. Despois de seleccionares todos os artigos que queres, vai a A TÚA CESTA e sigue as instrucións para facernos chegar o teu pedido. Se aínda non te decidiches, podes facer o pedido noutro momento. Os artigos que metiches na túa cesta permanecerán aí ata que os solicites ou os elimines dela, aínda que feches a sesión.

Como quito un produto da miña cesta?
Só tes que ir a A TÚA CESTA, na parte superior da páxina e a continuación facer clic no botón Eliminar correspondente ao artigo que queres quitar.

Cales son as formas de pagamento aceptadas?
Podes pagar o teu pedido mediante PayPal ou con tarxeta de crédito.

Cal é o prezo dos gastos de envío?
La Fragatina realiza envíos a todo o mundo e o prezo varía en función do país de destino. Incluso che pode saír gratis. Para coñecer todas as tarifas de envío consulta a nosa completa sección de ENTREGAS E DEVOLUCIÓNS.

Podo devolver un artigo?
Por suposto que podes. Para devolver un produto adquirido a través da nosa tenda online, deberás notificárnolo nun prazo máximo de dous días a partir do día seguinte á recepción do teu pedido e enviarnos o artigo. Para coñecer a nosa política de devolucións, visita a sección ENTREGAS E DEVOLUCIÓNS, que encontrarás na parte inferior da páxina

Se non encontraches a resposta que buscabas, diríxete a CONTACTO e envíanos unha mensaxe coas túas dúbidas. Responderemos o antes posible.