Sobre nós

BENVIDOS

Desde Edicións La Fragatina, un proxecto editorial abandeirado polo xénero do álbum ilustrado e dedicado á promoción e difusión da cultura desde todos os ámbitos, convidámosvos a mergullar no mundo que xorde da unión entre palabras e imaxes, unha sinerxía que revolucionou a literatura para nenos e adultos.

Partindo dun obxectivo básico como é o de dar a coñecer entre os máis novos e os máis vellos valores culturais e universais desde novas perspectivas, elaboramos con coidado e dedicación as nosas publicacións, tomando como selo distintivo o camiño da creatividade e a imaxinación. 

Edicións La Fragatina inspira as súas coleccións en propostas diversas e plurais que fomenten o coñecemento do noso patrimonio común, así como o intercambio e o diálogo, algo que nunha sociedade cada vez máis influenciada polos efectos da globalización e as tecnoloxías da información e a comunicación favorece que a identidade cultural asuma visións novas e se enfronte a retos novos.

A nosa proposta, baseada na capacidade da linguaxe verbal e visual para transcender as fronteiras e forxar unha comunicación universal, é idónea tanto en ámbitos educativos e escolares como familiares e culturais, alimentando así o xermolo das sociedades futuras.

«Unha oportunidade para levar as palabras, as imaxes e as ideas cara a novos horizontes.»